Solucionar a fenda de xénero

This page is a translated version of the page Address the gender gap and the translation is 96% complete.

Ata agora os estudos foron decisivos en destacar que existen fendas de xénero, pero a investigación sobre as súas causas permanece menos definitiva. Ademais, a maior parte da investigación enfocouse na ausencia de mulleres nos proxectos Wikimedia e non considerou as experiencias de Wikimedistas que puideran caer fóra do binomio de xénero. Presentáronse algunhas propostas e accións que asumen que un cambio en un ou máis factores axudarían a pechar a fenda (por exemplo, que máis contido "sobre" mulleres na Wikipedia significaría un aumento das mulleres "na" Wikipedia). Seguindo (pero non copiando) o pensamento da notable Wikipedista Adrianne Wadewitz,[2] aquí pretendemos enfocarnos, non sobre as causas da fenda, senón sobre algunhas suposicións acerca da fenda de xénero, para axudar a botar máis luz sobre a complexidade desta materia.

O problema

Wikimedia’s gender gap has gained increasing public attention, beginning with a 2010 survey conducted by the United Nations University, which found that only 13% of Wikipedia contributors identify as female. Over the years, subsequent studies have found that somewhere between 8 and 22.7% of Wikimedia’s contributors are women.[1] Suxeríronse moitas causas para esta fenda e o debate continúa. Tendencias xerais en STEM e en proxectos de software libre, diferenzas de xénero en como as persoas invirten o seu tempo libre e aversión das mulleres á cultura de conflito en liña e anonimato da Wikipedia son factores que poderían contribuír. O que sabemos claramente é que hai áreas do coñecemento que non están ben representadas no movimento Wikimedia. O noso contido ten fendas significativas. Por exemplo, moitos artigos sobre mulleres notables todavía non existen na wikipedia e o nesgo intrínseco é un problema nos temas que teñen cobertura.

A premisa básica dos proxectos de Wikimedia é crear e conservar «contido libre que calquera poida editar, utilizar, modificar e distribuir». A diversidade apoia directamente os valores de liberdade, accesibilidade, igualdade, independencia, apertura, transparencia e comunidade do movemento Wikimedia. Ter unha gama ampla de contribuidores e contido é necesario para alcanzar a nosa visión compartida de que calquera poida contribuír á suma de todo o coñecemento. Alí onde carezamos de voces importantes, careceremos así mesmo de contexto e información importantes.
Traballando por pechar a fenda de xénero, estaremos en mellores condicións para reflectir toda a diversidade do coñecemento humano e representarlo dunha maneira xusta. Cada persoa, sendo parte do conglomerado humano, debera estar representada no desenvolvemento da fonte compartida de coñecemento libre da humanidade.

Suposicións

Suposición n.º 1: É responsabilidade das mulleres solucionar o sexismo na Wikipedia

O sexismo non é un problema que afecte soamente ás mulleres, e non é só a responsabilidade das mulleres resolvelo. É un tema que afecta á comunidade enteira. As alianzas terán un papel importante que xogar na solución da fenda de xénero.

Suposición n.º 2: as mulleres editarán acerca dos temas que estean subrepresentados

Asumir que as mulleres editarán temas subrepresentados reforza os estereotipos de xénero. A tarefa de expandir eses temas debe ser enfrontada acercándonos ás múltiples comunidades que poderían editar eses tema- comunidades formadas por homes e mulleres.

Suposición n.º 3: as mulleres farán de Wikipedia un sitio mellor

Esta suposición tamén está baseada en estereotipos de xénero: a idea de que as mulleres constitúen forzas civilizadoras pacíficas, non confrontacionais e inocuas. Para que a comunidade se volva máis civilizada, debemos esperar un comportamento civilizado de tódolos membros da comunidade, calquera que sexa o seu xénero.

Suposición n.º 4: homes e mulleres son intercambiables

Non desexamos encadrar a unha persoa nunha función ou obrigala a tomar unha perspectiva estereotípicamente asociada ó seu xénero, pero comprendemos que os homes proporcionan unha perspectiva única como homes e as mulleres proporcionan unha perspectiva única como mulleres e que ambas son esenciais para unha enciclopedia realmente grandiosa. Ata que teñamos máis mulleres colaborando a enciclopedia non desenvolverá todo o seu potencial.

Como non hai unha soa causa da fenda de xénero, tampouco existe unha soa solución. Como dixo Adrianne Wadewitz: «Cando un grupo é maltratado e sistemáticamente se lle nega a voz e dereichos, iso refléxase pobremente en toda a comunidade e reduce a súa lexitimidade».[2] A fenda de xénero é un problema de todas as comunidades de Wikimedia e por iso require unha acción colectiva. Necesitamos máis iniciativas enfocadas en colaboracións, investigación, organización da comunidade e intervencións técnicas e socioculturais.
Atopa unha iniciativa existente ou engade a túa

É parte dun medio de comunicación?

Estás escribindo unha nota sobre a fenda de xénero ou otros problemas relacionados en Wikipedia os seus proxectos irmáns? Póñase en contacto con press@wikimedia.org para comunicarse con membros da comunidade de expertos na materia.

Referencias

  1. Hill, B. M., Shaw, A. (2013). The Wikipedia Gender Gap Revisited: Characterizing Survey Response Bias with Propensity Score Estimation. PloS one, 8(6), e65782. html
  2. a b A fenda de xénero de Wikipedia e a complicada realidade do nesgo sistémico de xénero”, HASTAC, 26 de xullo de 2013