Book tool/Help/Books/gl

Esta páxina mostra como crear un libro cos artigos de Wikipedia en tres pasos. Poden xerarse libros dixitais en arquivos con formato PDF ou mercar unha copia impresa no sitio web PediaPress.

Libros con contido de Wikipedia impresos por PediaPress.
Mira tamén a axuda para usuarios expertos (en tradución)

Guía paso a paso

edit

Paso 1 - Engadir páxinas ó libro

edit
 
Paso 1 - Engadir páxinas ó libro.

Na sección «Crea un libro» da columna esquerda de navegación, hai dúas ligazóns: «Engadir esta páxina» e «Axuda de libros» (véxase a figura 1). Facendo clic en «Engadir esta páxina», poderemos engadir o artigo no que estamos navegando á nosa colección. Para engadir máis páxinas podes navegar polas que desexes engadir ó libro e facer clic de novo en «Engadir esta páxina». Podes tamén engadir tódalas páxinas nunha categoría cun tecleo. O número de páxinas no libro móstrase no menú á esquerda e actualízase automaticamente.

Paso 2 - O título do libro

edit
 
Paso 2 - O Título do libro.

Unha vez que engadas tódalas páxinas que desexes, segue a ligazón «Mostrar libros» para revisar o teu libro. Alí podes engadir un título ó libro, aínda que isto é opcional. Ademais pódese cambiar a orde das páxinas no libro (véxanse os detalles de como facer isto na sección «Opcións avanzadas»).

Paso 3 - Descargar ou solicitar a impresión

edit

Unha vez rematado o libro pode descargarse ou solicitarse en forma de libro. Podes descargar o libro en formato PDF e en formato OpenDocument (visíbeis utilizando o software de OpenOffice.org), facendo clic no botón "Descargar" (véxase a figura 3). Para pedir o libro en forma de libro fai clic no botón "Solicitar un libro PediaPress». Pódese obter máis información sobre os libros impresos no FAQ.

Opcións avanzadas

edit

Cambiar de lugar as páxinas do libro

Para cambiar de lugar as páxinas do teu libro só tes que mover as páxinas na lista titulada «Libro». Para iso, fai clic sobre a páxina que queiras mover, e arrastra a páxina á súa nova posición na lista. Solta o botón do rato e a páxina quedará situada. Tamén podes ordenar automaticamente o libro en orde alfabética.

Gardar e compartir os teus libros con outros

Podes compartir e gardar os teus libros con outros usuarios (só para usuarios rexistrados). En «Libro», na parte de abaixo á dereita, di «Gardar e compartir libro»; alí elixes onde gardar o teu libro.

Información adicional

A información adicional sobre as características dos libros pode atoparse en a axuda para usuarios expertos (en tradución). Esta páxina ten como obxectivo explicar como crear, gardar e compartir un libro.

Impresión dos libros por PediaPress

edit

Facendo clic en «Solicitar impresión a PediaPress», a túa colección de artigos pode imprimirse como libro encadernado. Enviaráseche á páxina web de PediaPress, un servizo que imprime os libros baseados en contido wiki. A información adicional sobre os libros impresos, incluíndo o prezo e o formato, pode atoparse na páxina de FAQ.