Fundraising 2010/Sue Appeal/gl


  1. Se queres podes ler:
    un chamamento persoal de
    Sue Gardner, directora executiva da Wikimedia
  2. Se queres podes ler:
    un chamamento urxente de
    Sue Gardner, directora executiva da Wikimedia
  3. De Sue Gardner, directora executiva da Wikimedia
  4. Texto fonte:

“A Wikipedia só funciona na práctica. Na teoría, é un completo desastre.” Estas foron as palabras dun dos primeiros voluntarios da Wikipedia cando o proxecto se estaba dando a coñecer aló polo ano 2006. E aínda é certo: Unha idea tan tola como a Wikipedia, constituída por voluntarios de todo o globo que crean millóns de artigos enciclopédicos, debería ser imposible.

Nestes intres, a Wikipedia xa ten dez anos. Segue estando escrita e editada por voluntarios ao 100%, porque non deixou de unirse nova xente ao proxecto. E segue a ser independente e a estar libre de publicidade ao 100%.

Somos a quinta páxina web máis visitada do mundo, con máis de 400 millóns de lectores ao mes. O único xeito de mantela libre e operativa é que máis lectores decidan realizar doazóns.

Agora mesmo, xa atinximos a metade do noso obxectivo anual. Temos que sumar 8 millóns máis. Se todos os nosos lectores doasen un dólar, a recadación de fondos duraría unhas catro horas desde agora. Pero non todos poden ou van doar, e non pasa nada.

Estou segura de que hai máis que suficientes persoas que apoiarán a Wikipedia cunha doazón de 5 ou 20 dólares, 30 euros, 4.000 iens ou aquela cantidade que poidan para manter a Wikipedia libre e independente. Es ti unha desas persoas?

Moitas grazas,

Sue Gardner

Directora executiva
Fundación Wikimedia