Fundraising 2011/FAQ/gl
Pages for translation: [edit status] | |||||||||
Interface messages high priority Translated on Translatewiki. Get started. |
Published | ||||||||
Banners and LPs (source) high priority |
Published | ||||||||
Banners 2 (source) high priority |
Published | ||||||||
Jimmy Letter 002 (source) high priority |
Published | ||||||||
Jimmy Letter 003 (source) variation of Jimmy Letter 002 |
Published | ||||||||
Jimmy Letter 004 (source) variation of Jimmy Letter 002 |
Published | ||||||||
Jimmy Mail (source) variation of Jimmy Letter 002 |
Missing | ||||||||
Brandon Letter (source) | Published | ||||||||
Alan Letter (source) | Published | ||||||||
Kaldari Letter (source) | Published | ||||||||
Karthik Letter (source) | Published | ||||||||
Thank You Mail (source) | Published | ||||||||
Thank You Page (source) | Ready | ||||||||
Problems donating (source) | Missing | ||||||||
Recurring giving (source) | Missing | ||||||||
Sue Thank You (source) | Missing | ||||||||
FAQ (source) low priority |
Published | ||||||||
Various requests: Mail to past donors · Jimmy quote | |||||||||
Outdated requests:
|
Translation instructions |
---|
If you have any questions or feedback regarding the translation process, please post them here. Translation FAQ |
En resumo, que é a Wikipedia? E que é a Wikimedia?
editA Wikipedia (www.wikipedia.org) é a maior e máis popular enciclopedia do mundo. Está colgada na rede, é de balde e non ten publicidade. A Wikipedia conta con máis de 47 millóns de voluntarios, autores de algúns artigos en máis de 298 linguas e recibe as visitas de máis de 430 millóns de persoas cada mes, o que a converte nun dos sitios máis populares do mundo.
Trátase dunha creación colaborativa editada por millóns de persoas nos últimos dez anos: calquera pode modificala en calquera momento. A Wikipedia é a maior colección de coñecemento compartido na historia da humanidade. As persoas que apoian este proxecto están unidas polo seu amor á aprendizaxe, a súa curiosidade intelectual e o convencemento de que todos xuntos poderemos aprender moito máis.
A Fundación Wikimedia é a organización sen fins lucrativos que xestiona a Wikipedia e outros proxectos de contido libre. Todos estes sitios xuntos son a quinta páxina web máis visitada no mundo. A Fundación Wikimedia é unha organización 501(c)(3) libre de impostos con oficinas en San Francisco, California, EUA. Podes botarlle unha ollada á nosa carta de exención de impostos e aos nosos informes financeiros e presentacións anuais.
A nosa misión é potenciar unha comunidade global de voluntarios para recoller e desenvolver os coñecementos do mundo e poñelos á libre disposición de todos para calquera propósito. Traballamos xunto a unha rede de capítulos en moitos países para acadar este obxectivo.
Se fago unha doazón á Wikimedia, onde van parar os meus cartos?
editOs cartos da túa doazón serven para pagar os salarios dos nosos empregados e a tecnoloxía. Malia que a Wikipedia e mais os seus proxectos irmáns chegan a 430 millóns de persoas cada mes, tan só temos 302 empregados; véxase a vista xeral do noso persoal.
O noso persoal está dividido en tres departamentos: tecnoloxía (operacións do sitio, desenvolvemento de software); comunidade (chegar ao público, programas comunitarios, recadación de fondos); e desenvolvemento global (apoio nos programas de capítulos e facer medrar a Wikimedia en todo o mundo). O resto dos nosos empregados encárgase da xestión, finanzas e administración, que inclúe a protección legal do noso traballo. O teu apoio tamén paga os servidores, o ancho de banda e o aloxamento na internet que necesitamos para que os proxectos da Wikimedia sigan medrando. Se realizas unha doazón a un capítulo local da túa zona xeográfica, o diñeiro axudará tanto á Fundación Wikimedia como ao programa de actividades do teu país.
Sobre todo, a Fundación Wikimedia existe para soster e ampliar a enorme rede de voluntarios que escriben e editan a Wikipedia e os seus proxectos irmáns: máis de 100.000 persoas en todo o mundo.
Onde podo atopar máis información financeira?
editO informe anual da Fundación Wikimedia 2009–2010 cobre o ano fiscal pasado (do 1 de xullo de 2009 ao 30 de xuño de 2010) coa vista posta no vindeiro exercicio. O informe anual da Fundación Wikimedia é un resumo da organización das finanzas, o programa de actividades, os fitos e os logros.
O plan anual 2011-2012 é o orzamento que temos para o ano fiscal actual. Contén un resumo dos nosos obxectivos estratéxicos, detalles financeiros sobre os gastos e ingresos, algunhas explicacións polo miúdo e unha análise dos riscos.
Preme nas imaxes inferiores para descargar copias do noso informe anual ou do noso plan anual.
File:2011-12 Wikimedia Foundation Plan FINAL FOR WEBSITE .pdf | |
Descarga o informe anual da Fundación Wikimedia 2009–2010: |
Descarga o plan anual 2011-2012: |
Cales son os vosos plans? Ata onde vai isto?
editComo Jimmy Wales, fundador da organización, dixo: "Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano".
Tomamos moi en serio esta visión. Cada mes, máis de 430 millóns de persoas de todo o mundo empregan a Wikipedia. Está dispoñible na rede, no teu dispositivo móbil, en DVD, nos libros e en moitos outros soportes e lugares. O noso afán é chegarmos a moita máis xente e mellorarmos continuamente a calidade da información que proporcionamos.
A comunidade conduciu un intenso proceso que axudou ao Consello de Administración da Fundación Wikimedia a establecer "metas grandes e audaces" para a Wikimedia. Estes cinco obxectivos para o ano (PDF) inclúen aumentar o acceso á Wikimedia ata mil millóns de persoas e o número de artigos na Wikipedia ata os 50 millóns. Tamén buscamos xeitos de incrementar e diversificar amplamente a participación, así como de medir e mellorar a calidade de todos os nosos contidos.
A Wikimedia non é unha organización tradicional. É un movemento global. A parte importante do traballo realízana centos de voluntarios ao redor do mundo. Esta comunidade de voluntarios está apoiada por unha rede de organizacións, coa Fundación Wikimedia no seu centro, traballando en asociación con capítulos locais presentes en 37 países. A nosa comunidade de voluntarios é a que permite que logremos tanto con tan pouco.
Aquí están algunhas das actividades nas que agora centramos os nosos esforzos:
Xestionar correctamente a quinta web máis grande do mundo. A Wikimedia necesita unha xestión excelente para continuar a existir. A data de 2011, posuímos varios centos de servidores en tres localizacións. Mentres que o noso tráfico global segue medrando, o propósito que temos é proporcionar a mellor experiencia posible a todos, para maximizar o tempo de actividade e asegurar que toda a información dos proxectos da Wikimedia está a salvo e segura.
Fotografía: Servidores da Wikimedia nas nosas instalacións de aloxamento en Florida. | |
Dar aos voluntarios as mellores ferramentas para que fagan o seu traballo. A tecnoloxía que fai posible a Wikipedia e os seus proxectos irmáns, o wiki, inventouse en 1995. As cousas cambiaron desde entón. Os proxectos da Wikimedia execútanse nun software wiki de código aberto chamado MediaWiki, que desenvolvemos e melloramos. A nosa misión é facer que achegar coñecementos sexa o máis doado posible e proporcionar aos voluntarios e lectores ferramentas para a avaliación e mellora da calidade dos artigos. Nalgunhas áreas, temos moita iniciativa e innovación. Como mínimo, cómpre manterse ao día coas tendencias clave dunha rede cambiante da que formamos parte. Dado que o noso software é de código aberto, cadaquén pode utilizalo e melloralo. Fotografía: Diagrama de afinidade creado en base á investigación da usabilidade da Wikipedia. | |
Desenvolver recursos para conseguir novos voluntarios. A Wikimedia está feita pola xente. Para facer medrar a nosa comunidade global, necesitamos estimular a xente para que tome parte nela e prestarlle axuda cos primeiros pasos. Para isto, desenvolvemos e mantemos unha biblioteca de recursos, como vídeos e guías paso a paso (para profesores, bibliotecarios, estudantes e moitos outros). Véxase o andel de recursos. Vídeo: Voluntarios da Wikimedia falan sobre as súas motivacións; gravado na conferencia Wikimanía de 2010 (mellor reproducilo no Firefox). | |
Celebrar eventos comunitarios en todo o mundo. Unha vez ao ano, centos de voluntarios da Wikimedia xúntanse en Wikimanía, nun lugar diferente cada ano. (Deberías vir! O verán de 2012 Wikimania será en Washington DC, EUA.) E os capítulos da Wikimedia organizaron ducias de eventos, competicións e conferencias en todo o mundo. Algúns están destinados a conseguir novos colaboradores; algúns son un espazo comunitario para pensar sobre o traballo feito. O recoñecemento do valor da xente apaixonada coa misión da Wikimedia é a clave do noso éxito. Fotografía: Participantes da competición estudantil "Free Your Knowledge" ("Libera o teu coñecemento") en Indonesia escoitando unha presentación (2010). | |
Compartir con institucións culturais. Galerías, bibliotecas, arquivos e museos protexen e fan posible a preservación da historia, da cultura e do coñecemento do mundo. A súa misión é servir e informar ao público, igual cá Wikimedia. Asociámonos con diversas institucións culturais de todo o mundo, non só para traballar con eles para facer reproducións dixitais de balde, senón tamén para mellorar os artigos da Wikipedia e outros contidos relacionados coas súas coleccións e arquivos. Os capítulos da Wikimedia xogan un papel maioritario na organización de conferencias e xuntanzas destinadas ao sector cultural e a creación de asociacións coas institucións.
Fotografía: Voluntarios da Wikipedia nun evento organizado polo Museo Británico (2010). | |
Traballar co sector educativo. Na era da web aberta, existe a posibilidade de que os proxectos dos estudantes sexan máis ca simples exercicios. Desde hai tempo, algúns profesores pioneiros fan que os seus alumnos escriban na Wikipedia como traballos de clase. Todos gañamos: os estudantes conseguen lectores para o seu traballo, os profesores motivan os seus alumnos e os lectores teñen mellores artigos. Os capítulos da Wikimedia tamén chegaron ás escolas para desenvolver medios de alfabetización e promover un uso responsable da Wikipedia nas clases.
Fotografía: Estudantes da Universidade de Indiana do seminario de Barry Rubin en Desenvolvemento Económico Urbano mellorando artigos da Wikipedia como traballo de clase. | |
Dar acceso á Wikipedia en todas partes. Os vindeiros millóns de persoas en descubrir a web farano mediante o seu teléfono móbil, algúns mesmo sen tocar un portátil antes. Necesitamos asegurarnos de que os nosos sitios e servizos funcionan nos smartphones modernos e (na medida do posible) nos dispositivos gama inferior. A nosa versión móbil actual é un comezo e seguiremos mellorándoa (mesmo indo máis alá da experiencia de lectura). E para a xente con acceso intermitante á internet ou sen acceso a ela temos copias da Wikipedia que se poden usar sen conexión, con proxectos entre os que están o WikiReader, lectores para equipos de sobremesa e smartphones, e versións impresas dos contidos da Wikimedia. Fotografía: A versión móbil da Wikipedia funciona na PlayStation Portable; e no teu smartphone. | |
Informar da nosa toma de decisións con feitos e datos. As análises, as investigacións, os experimentos e as previsións son esenciais para tomar boas decisións nun entorno complexo como a Wikimedia. O informe da Fundación Wikimedia e o portal de estatísticas proporcionan unha ampla análise actualizada que axuda a entender o impacto do noso traballo. O wiki estratéxico é un espazo de planificación público onde se realiza unha análise das tendencias a longo prazo. Os proxectos de investigación proporcionan análises a fondo e experimentos levados a cabo por voluntarios do comité de investigación. Somos uns amantes dos datos; que esperabas do tipo de xente que adora traballar nunha enciclopedia en liña? Ilustración: Proxección sobre a dispoñibilidade de edicións na lingua materna útil para diferentes segmentos da poboación mundial. |
A Fundación Wikimedia non é unha empresa novata que esvaecerá nuns anos. Estamos aquí a longo prazo. Todo o que facemos está dirixido a darche a ti e ao resto do mundo acceso libre e inmediato a todo o coñecemento. Únete a nós!
Que proxectos sostedes?
editA Fundación Wikimedia mantén a Wikipedia, unha enciclopedia en liña e unha das cinco páxinas web máis visitadas. Desque se fundou en xaneiro de 2001, e coa incorporación da Fundación Wikimedia en xuño de 2003, o noso crecemento foi asombroso. A Wikipedia en inglés, o noso primeiro proxecto, conta con máis de 6.000.000 artigos nestes intres. Todas as wikipedias nas diferentes linguas, combinadas, conteñen máis de 47.000.000 artigos.
Amais da Wikipedia, a Fundación Wikimedia tamén sostén:
- A Wikimedia Commons, un repositorio de ficheiros que contén máis de 43.000.000 imaxes, vídeos e sons que se poden empregar libremente
- Os Galilibros, un proxecto para crear libros de texto libres
- O Galizionario, un dicionario multilingüe
- As Galifontes, unha biblioteca de documentos
- As Galinovas, unha páxina web de novas cidadás
- A Galiversidade, unha plataforma de aprendizaxe interactiva
- As Galicitas, unha colección de citas
- As Wikispecies, un directorio da vida na Terra
Tamén damos apoio ao desenvolvemento de MediaWiki, o software wiki de código aberto que está detrás de todas as nosas páxinas web públicas. Axudamos na organización de eventos de divulgación e comunitarios para animarmos a xente a que contribúa nos nosos proxectos, e proporcionamos descargas de copias sen conexión e arquivos da base de datos dos contidos da Wikipedia.
A Fundación Wikimedia non está afiliada co WikiLeaks.
Podes atopar moita máis información na páxina sobre os nosos proxectos.
Como facedes para manter aberta a colaboración da Wikipedia sen que perda veracidade?
editCremos que canto maior sexa a participación, mellor será a Wikipedia. Asemade, debemos manter unhas normas estritas que fan a Wikipedia respectada polos científicos, os académicos, os xornalistas e os nosos benfeitores.
Como se xestiona a Fundación Wikimedia?
editA Fundación Wikimedia conta con 302 traballadores que forman parte do persoal, liderados pola directora executiva, Sue Gardner. O persoal coordina o traballo de centos e centos de voluntarios que achegan contidos aos proxectos da Wikimedia. A Fundación Wikimedia tamén está sostida por un incontable número de voluntarios que participan a través de consellos.
O Consello de Administración articula a misión e mais a visión da Fundación Wikimedia, revisa e axuda a desenvolver plans a longo prazo, encárgase da supervisión e apoia a Fundación Wikimedia durante o período de recadación de fondos. Trátase da última autoridade organizativa da Fundación Wikimedia tal e como está definido nos seus regulamentos. Consulta os encontros para ver as actas publicadas e as resolucións para ler as resolucións publicadas. A comunidade de colaboradores dos proxectos da Wikimedia son os encargados de elixir parcialmente os membros do Consello. O Consello está guiado por outro Consello Asesor, liderado por Angela Beesley Starling.
Temos unha oficina en San Francisco, California (EUA) onde traballa a meirande parte dos nosos empregados. Todos os membros do Consello e o resto do persoal traballan de xeito remoto.
Esforzámonos por operar coa máxima transparencia, por iso publicamos unhas políticas clave e a información financeira.
De onde obtén os seus fondos a Fundación Wikimedia?
editA principal vía de obtención de fondos da Wikimedia é a través das doazóns de centos de miles de persoas, pero tamén grazas a diversas subvencións e agasallos en forma de servidores e sitios de hospedaxe (le a páxina dos nosos benfeitores).
A Fundación Wikimedia recibe doazóns procedentes de máis de 50 países de todo o mundo. A doazón media é bastante pequena, pero o cómputo global asegura o noso éxito. A xente pode doar durante todo o ano, pero a Fundación Wikimedia só fai unha petición formal unha vez ao ano.
Non consideramos a publicidade como unha fonte de ingresos.
A Fundación Wikimedia é unha organización 501(c)(3) libre de impostos con base nos Estados Unidos de América. As doazóns feitas desde outras nacións tamén poden contar con dedución de impostos. Bótalle unha ollada á páxina sobre desgravación fiscal se queres máis detalles. Preme aquí para obter máis información sobre como realizar unha doazón mediante o PayPal, MoneyBookers ou correo postal. Para calquera outro tipo de doazón, ponte en contacto connosco a través do enderezo donatewikimedia.org.
Cantos cartos esperades reunir?
editO plan para o 2011-2012 propón uns ingresos de 29,5 millóns de dólares estadounidenses, un incremento do 24% con respecto aos 23,8 millóns de dólares planeados para o 2010-2011.
Podes atopar máis información sobre as nosas finanzas nos nosos informes financeiros. Aquí está o noso plan para o 2011-2012 (PDF) e velaquí as preguntas e respostas relacionadas con el.
Quen máis apoia o voso obxectivo?
editA meirande partes dos nosos fondos proveñen de persoas; xente coma ti. Tamén recibimos doazóns de fundacións comunitarias e privadas, así como contribucións en especie por parte de empresas. Pódense atopar na nosa páxina de benfeitores.
Onde podo atopar máis información sobre as vosas actividades recentes?
editPara o ano fiscal 2009-2010, descarga o informe anual 2009-2010: Versión en PDF (5.0 MB)
Se queres estar ao día de todos os eventos, recomendamos consultar regularmente as seguintes fontes:
- o blogue da Fundación Wikimedia
- Planet Wikimedia, que inclúe os blogues comunitarios da Wikimedia
- a lista de correo dos anuncios da Wikimedia, que inclúe os anuncios en relación aos capítulos e aos membros da comunidade
Como podo doar?
editPara doar, visita a nosa páxina de recadacións. Podes doar mediante tarxeta de crédito (VISA, Mastercard, Discover ou American Express), PayPal, Moneybookers, transferencia bancaria ou enviando un cheque á Fundación. As nosas opcións de doazón inclúen a maioría das moedas (aínda que non todas).
Podo facer un agasallo mensual automático?
editSi. A Fundación Wikimedia permite as doazóns mensuais; pode inicialas nesta páxina. Estes agasallos procésanse mediante o PayPal, pero poden realizarse a través de calquera dos métodos de pagamento aprobadas, entres os que están as tarxetas de créditos. Necesitarás posuír unha conta no PayPal. As doazóns recorrentes fanse unha vez ao mes, no aniversario da data na que fixo o primeiro agasallo, e continúan un total de 12 meses. Durante o duodécimo, recibirás unha notificación preguntando se queres continuar facendo esta doazón mensual. Se non desexas que sexa así, non fagas nada. O agasallo non se renovará automaticamente. Se queres prolongar o agasallo un ano máis, sigue as instrucións que aparecerán na notificación.
Podedes retirar o meu agasallo mensual directamente da miña conta bancaria?
editAínda que a Fundación Wikimedia non pode retirar o teu agasallo mensual directamente da túa conta bancaria, podes pagar deste xeito cunha conta do PayPal; olla as instrucións actualizadas do PayPal.
Que fago se necesito cancelar o meu agasallo mensual automático?
editEntendemos que as circunstancias poden cambiar. Se necesitas cancelar o teu agasallo mensual, accede á conta do PayPal, vai á liña "creación da subscrición", prema en "detalles" e logo faga clic en "cancelar a subscrición". Non lle cobraremos ningún pagamento mensual máis. Como alternativa, pode cancelar o agasallo poñéndose en contacto coa Fundación Wikimedia (no enderezo de correo givingwikimedia.org) co seu nome, enderezo de correo electrónico e un número de teléfono (para que poidamos confirmarche que completamos a cancelación).
Onde envío os cheques?
editEnvía os cheques a:
P.O. Box 98204
Washington, DC 20090-8204
USA
- Note: donations by check are processed directly at our centralized lockbox location which is in Washington, DC.
Preferimos cheques en dólares estadounidenses, estendidos en contas bancarias estadounidenses. Custaranos moito procesar os cheques con moeda diferente dos dólares estadounidenses ou procedentes de contas bancarias de fóra dos EUA, o cal fará minguar o valor do teu agasallo. Se non posúes unha conta bancaria estadounidense, podes maximizar o valor da túa doazón mediante a tarxeta de crédito, o PayPal ou a transferencia bancaria.
Onde envío formularios, cartas ou calquera outro material á Fundación Wikimedia?
editEnvía toda a correspondencia ao noso enderezo seguro:
P.O. Box 98204
Washington, DC 20090-8204
USA
- Note: donations by check are processed directly at our centralized lockbox location which is in Washington, DC.
Podo facer doazóns de existencias á Fundación Wikimedia?
editA Fundación Wikimedia acepta doazóns de existencias. Podes realizar unha doazón transferíndonos a mercadoría directamente, indicando ao teu axente comercial o noso nome, número de conta de inversión e número de compensación DTCC.
- Account holder name: Wikimedia Foundation, Inc.
Financial broker: Smith Barney
Investment account number: 546-0356C-14-782
DTCC Clearing account number: #0418
Teñen desgravación fiscal as miñas doazóns?
editVai á lista de países se queres máis información.
Se fago unha doazón, como recibo o comprobante fiscal?
editSe doas mediante o PayPal ou tarxeta de crédito, recibirás un comprobante fiscal por correo electrónico, sempre que o incluíses no formulario de doazón. Aquelas persoas que realicen unha doazón por cheque superior aos 50 dólares estadounidenses recibirán o comprobante fiscal por correo postal, en caso de que desen o enderezo do remitente. Tamén podes solicitar un comprobante fiscal da túa doazón escribíndonos a givingwikimedia.org (lembra incluír a información de contacto, o método que usaches para doar e a cantidade da doazón).
Podo facer unha doazón para que se empregue nun fin específico?
editAs organizacións caritativas establecidas nos Estados Unidos de América, a Fundación Wikimedia incluída, están obrigadas a cumprir as restricións solicitadas polos doantes. Isto significa que se especificas o uso concreto que queres que lle deamos á túa doazón nós ou ben respectaremos a túa petición ou ben devolverémosche a doazón. Pero antes de o faceres, ten en conta que as doazóns sen restricións son moito máis útiles para nós. Cada restrición impón gastos xerais de administración e de planificación, e asemade incrementa a complexidade interna en canto á xestión.
Por que hai unha doazón mínima?
editA doazón máis pequena que podes realizar é de 1 dólar estadounidense. Recibimos pequenas doazóns de xente que non conta con moitos cartos, e estamos realmente agradecidos de termos estes doantes. En verdade, se o agasallo é significativo para ti, éo tamén para nós. Pero non é insólito atoparse con persoas que fan uso dos sistemas de doazóns como o noso para probaren tarxetas de crédito roubadas para comprobar se funcionan. Esta xente adoita dar unha pequena cantidade de diñeiro para probar: cremos que a cantidade mínima de 1 dólar estadounidense disuadiraos de facelo.
Que podo facer para axudar ao espallamento da palabra?
editDifunde isto do xeito que poidas! Dillo á familia e aos amigos. Cóntalles o que a Wikipedia significa para ti. Pregúntalles se a empregan, e se é así, o que representa para eles. Mesmo podes usar este texto como sinatura ao final dos teus correos electrónicos:
Creamos a mellor colección de coñecemento compartido da historia. Axuda a protexer a Wikipedia. Doa agora: http://donate.wikimedia.org
Cal é a vosa política de protección de datos?
editTomamos moi en serio o dereito ao anonimato dos nosos doantes. Bótalle unha ollada á nosa política de protección de datos para obteres máis información. En resumo: non compartimos, nin vendemos nin comerciamos co teu enderezo de correo electrónico.
Como podo poñerme en contacto coa Fundación?
editSe aínda tes preguntas ou dúbidas síntete libre de poñerte en contacto con nós. Para facer preguntas en relación coas doazóns podes enviar un correo a donationswikimedia.org
Para o resto de cuestións olla a páxina contacta connosco para obteres máis información.