Bolsas:Expectativas de espazo amistosas

This page is a translated version of the page Grants:Friendly space expectations and the translation is 100% complete.
Expectativas para un espazo de convivencia


    Estamos adicados a proporcionar unha experiencia respectuosa, transparente e sen ameazas para todos no espazo de Bolsas de Meta-Wiki. As bolsas da Fundación Wikimedia seguen procesos específicos con obxectivos específicos. Estes prerrequisitos son necesarios para asegurar un contorno agradable para centrar as conversas onde os colaboradores participen con respecto.

    Presumir boa fe son principios fundamentais de Wikipedia e de todo o movemento Wikimedia. Sabemos que a maioría das persoas desexan axudar ós proxectos e ós membros da comunidade, non danalos. Lembra que a maioría de nós somos voluntarios e necesitamos ser valorados polo tempo e esforzo que poñemos na mellora dos proxectos de Wikimedia.

    Expectativas

    Pedímosche que consideres as seguintes preguntas cando participes nunha conversa:

    1. Contexto e antecedentes: Comprendo o contexto e os antecedentes da conversa? Preocupeime de buscar a información antes de pedirlle a outros que me expliquen as cousas?
    2. Diferenzas culturais: Estou tendo en conta as diferenzas culturais e as barreiras lingüísticas?
    3. Experiencia: Estou tendo en conta e sen facer suposicións sobre o nivel de experiencia dunha persoa (sobre o movemento Wikimedia, a asignación de bolsas, a administración de proxectos, etc.)?
    4. Soporte: Estou elaborando os meus comentarios/preguntas dunha forma positiva, concisa e construtiva, ofrecendo suxestións de mellora?
    5. Foco do impacto: As miñas preguntas están centradas no impacto da proposta do proxecto ou estou centrándome demasiado en detalles menores?

    Unha vez que tivo en consideración estes puntos, por favor, síntase libre de participar nas conversas das bolsas. Se o prefire, contacte cun membro do equipo de Recursos Communitarios ou Aprendizaxe e Avaliación que poderá axudalo coas súas preguntas.

    Acoso

    Non toleramos ningunha forma de acoso ás persons que participan. O acoso inclúe:

    • comentarios ofensivos relacionados co xénero, orientación sexual, identidade ou expresión de xénero, discapacidade, aparencia física, raza, etnia, afiliación política ou relixión.
    • violencia, ameazas de violencia, intimidación deliberada e ataques persoais
    • axexar, seguir ou continuar comunicacións persoais despois de que lle pidan que se deteña
    • a perturbación contínua dunha conversa
    • revelar de forma deliberada a identidade de calquera persoa sen o seu consentimento
    • publicar comunicacións privadas

    Se lle preocupa a forma en que vostede ou outras persoas están sendo tratadas, por favor contacta cun membro do equipo de Recursos para a Comunidade da Fundación Wikimedia de forma inmediata no enderezo: grants wikimedia.org.

    Acción

    Os comentarios que violen estas expectativas serán ocultados ou eliminados. Pedirase a aqueles que infrinxan estas normas que cesen ese comportamento e espérase que cumpran de forma inmediata. Os colaboradores do espazo de nomes das bolsas que violen expectativas serán avisados polos participantes, e o incidente poderá ser elevado ás canles apropiadas da comunidade. Aquí hai algúns modelos útiles para avisar sobre os comentarios problemáticos e os infractores: Guías e modelos.

    "Esperamos que tódalas persoas colaboradoras do espazo de nomes de Bolsas, cumpran con estas expectativas en todo momento, incluíndo: o persoal da Fundación Wikimedia, os membros do comité de bolsas, as potenciais persoas beneficiarias e os membros da comunidade". Valoramos as súas contribucións e o seu compromiso para facer que o espazo de bolsas sexa un espazo agradable para tódalas persoas.

    Preguntas? Contactar con friendlyspace(at)wikimedia.org."