Grants:PEG/Criterios
As peticións de subvencións deben apoiar a misión de Wikimedia e as súas prioridades estratéxicas. A WMF favorece as peticións de alto impacto e innovadoras, e busca aumentar a capacidade de cada subvencionado para desenvolver e executar novos programas e colaboracións.
Exemplos de subvencións a proxectos aliñados coa misión son: un concurso de creación de artigos, actividades de participación para achegar e formar a novos usuarios, actividades de colaboración con GLAMS, e intentos de engadir contido local ós proxectos.
Para unha lista de todas as subvencións pasadas consulte Grants:PEG/Peticións.
O Comité Asesor de Subvencións e persoal da WMF analizan as solicitudes a partir dos seguintes criterios:
- O axuste missión e strategic priorities de Wikimedia.
- O potencial impacto nos Proxectos obxectivo da Wikimedia (p. ex.: Wikipedia en castelán, Wikimedia Commons). Que podrían mellorar as actividades? Que podería crearse ou mellorarse grazas ao traballo realizado coa subvención?
- A dispoñibilidade e prontitude de voluntarios e da dispoñibilidade doutros recursos non financeiros necesarios para realizar as actividades. Os solicitantes da subvención serán razonablemente capaces de producir os resultados esperados?
É a escala proporcional ao tamaño do equipo e base de voluntarios? Isto foi demostrado?
- O historial do/s solicitante/s na xestión de subvencións (se procede).
- O grao en que a subvención podería engadir novos coñecementos ou para fomentar a innovación no movemento Wikimedia (asegurando que as actividades non están baseadas en modelos que xa se demostrou que non son efectivos).
- Como de eficazmente sería usada a subvención.
- A calidade das medidas de éxito propostas. Son realmente medibles?
- A sostibilidade do impacto máis aló da duración das actividades. O traballo seguirá a producir? A nova infraestrutura/capacidade alimentaría traballo posterior?