This page is a translated version of the page Intercultur and the translation is 100% complete.
Intercultur
1 de febreiro de 2017 - 28 de febreiro de 2017

Recibe a nosa benvida!

  • Que é isto?: Os aspectos culturais dunha lingua son fundamentais, pois o patrimonio cultural que boa parte das sociedades herda se vertebra a través da súa lingua. Esta é a principal motivación de Intercultur, un concurso público de edición co obxectivo de facer visible o patrimonio cultural a través da variedade lingüística que existe en España.

    Consiste na tradución de artigos existentes ás linguas ​​faladas en España, coa idea de que ao rematar o concurso os os artigos proporcionados desde unha lingua sexan traducidos a nove idiomas. Os artigos suxeridos son proporcionados pola comunidade de Wikipedistas existente naquelas linguas, como forma de traducir o patrimonio cultural do seu dominio lingüístico.

  • Cando?: O desafío terá lugar desde 00:01 (UTC CET+01:00) do 1 de febreiro de 2017, até as 23:59 (UTC CET+01:00) do 28 de febreiro de 2017. Xa que logo, só as edicións feitas entre estas datas serán incluídas no concurso.
  • Como?: O concurso baséase no sistema de puntos KISS: consegues puntos traducindo artigos ás seguintes linguas: aragonés, asturiano, éuscaro, catalán, extremeño, galego, occitano e castelán. A meta de cada participante é acadar tantos puntos como sexa posible. As regras de puntuación son as seguintes:
    • +1 punto por cada +1000 bytes de contido engadido en calquera lingua.
    • +3 puntos por cada tradución nova dun artigo en calquera lingua.
  • Quen?: Todo o mundo pode participar traducindo e redactando artigos. Calquera Wikipedista cunha conta rexistrada (en calquera wiki) pode concursar. Para participar simplemente debes asinar na sección de Participantes.

    Se é a primeira vez que editas na Wikipedia, antes de nada, Benvida! Suxerimos que botes unha ollada a Wikipedia:Tradución e a Axuda:Introdución. Isto fará o proceso máis fácil de levar a cabo! Cando comeces a editar, o Manual de Estilo podería servirche de axuda. Todas estas páxinas están dispoñibles en moitas linguas. Amais, hoxe en día é moito máis fácil contribuír á Wikipedia ca antes e nin sequera tes que aprender código ningún! Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:VisualEditor para máis información.

Detalles do concurso
Intercultur
Lista de artigos
Intercultur
Premios
Intercultur
Participantes
Intercultur
Axuda
Intercultur