Os resumos semanais das Noticias de Tecnoloxía axúdanlle a manterse actualizado sobre os recentes trocos de programas que poden ter consecuencias para vostede e os seus compañeiros Wikimedianos. Subscríbase, contribúa e deixe comentarios.
anterior | 2023, semana 28 (luns 10 xullo 2023) | seguinte |
Noticias sobre tecnoloxía: 2023-28
Últimas novas sobre tecnoloxía da comunidade técnica de Wikimedia. Animámoslle a que difunda estes cambios co resto de usuarios. Non todos os cambios seranlle relevantes. Hai traducións dispoñibles.
Cambios recentes
- A ferramenta de Suxestións de Imaxes por Sección xa está dispoñible en sete Wikipedias (portuguesa, rusa, indonesia, catalá, húngara, finlandesa e a norueguesa bokmål). Esta ferramenta recomenda imaxes que encaixen en certas seccións dos artigos na lista de vixilancia dos contribuidores.
- Activáronse os filtros de abuso globais en todos os proxectos de Wikimedia, excepto na inglesa e xaponesa (por decisión propia). Este cambio realizouse tras unha petición de comentarios global. [1]
- Special:BlockedExternalDomains é unha ferramenta para axudar aos administradores na loita contra o vandalismo. Esta ferramenta ten unha mellor interface para bloquear dominios normais e os seus subdominios, é máis sinxela de buscar e consume menos recursos ao procesar cada edición da wiki. Non pode usar expresións regulares (para casos complexos), comprobar as rutas das URL nin mirar a MediaWiki:Spam-whitelist, pero no resto de casos substitúe a maioría de funcionalidades existentes de MediaWiki:Spam-blacklist. Hai dispoñible un programa en Python para axudar a migrar os dominios a esta ferramenta. Máis información sobre as súas funcionalidades na documentación da ferramenta. Isto está dispoñible en todas as wikis, excepto Meta, Commons e Wikidata. [2]
- Actualizouse a extensión WikiEditor, que agora inclúe algunhas das ferramentas máis usadas ao editar textos wiki. Antes moitos textos só os podían traducir administradores, pero agora xa poden traducir todos os tradutores de translatewiki. Comprobe o estado da tradución ao seu idioma, e se non está ao 100% lle animamos a que colabore na tradución. Consulte o anuncio para máis información.
Cambios a finais desta semana
- A nova versión de MediaWiki estará dispoñible nas wikis de proba e MediaWiki.org a partir do 11 xullo. A partir do 12 xullo tamén estará dispoñible en todas as wikis apartes de Wikipedia e algunhas Wikipedias. A nova versión estará dispoñible para todas as wikis a partir do 13 xullo (calendario).
- O protocolo predeterminado de Special:LinkSearch e correspondente API mudou de http a usar tanto http coma https. [3]
- Special:LinkSearch e a súa versión API agora buscan a URL completa. Antes só miraban os primeiros 60 caracteres. Isto lévano pedindo dende fai 15 anos. [4]
Trocos futuros
- Hai un complemento experimental con ChatGPT. Isto amósalles aos usuarios de onde ven a información que están a ler na Wikipedia. Os empregados da Fundación Wikimedia e outros wikimedianos xa o probaron. Nun intre o complemento tamén estará dispoñible para o resto de usuarios de complementos de ChatGPT. Isto é o mesmo que se mencionaba nas Novas de Tecnoloxía de 2023/20. [5]
- Hai unha discusión en curso sobre unha política sobre os recursos de terceiros. A proposta afectaría o uso de recursos de terceiros en trebellos e programas de usuario. Segundo as ideas recibidas a política inclúe algúns dos riscos de ter programas de usuario e trebellos cargando recursos de terceiros e algúns apuntamentos e requisitos, como poden ser transparencia no código e poder inspeccionalos. Aceptaranse comentarios e suxestións na páxina de discusión da política ate o 17 de xullo de 2023.
Noticias sobre tecnoloxía preparadas polos escritores de Noticias sobre Tecnoloxía e publicadas por un bot • Contribúa • Traduza • Pregunte • Deixe comentarios • Subscríbase ou dese de baixa.