Wikimedia España/Borrador de estatutos/gl
Título I. Principios xerais
editArtigo 1. Denominación e capacidade xurídica
editCoa denominación de Wikimedia España, constitúese unha asociación sen ánimo de lucro ao abeiro da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e normas complementarias. A Asociación terá plena capacidade xurídica e de obrar, e rexerase polos presentes Estatutos e polas normativas internas aprobadas polos socios; e no non previsto nos devanditos textos, pola citada Lei ou as que a substitúan, a Constitución Española e o resto de disposicións legais que sexan de aplicación en cada caso.
Artigo 2. Duración
editA Asociación constitúese por tempo indefinido.
Artigo 3. Finalidade
editA finalidade da Asociación será promover directa ou indirectamente a difusión, mellora e sustento dos proxectos mantidos actualmente e no futuro por Wikimedia Foundation, Inc., entidade sen ánimo de lucro rexistrada no Estado de California, Estados Unidos de América; así como doutros proxectos que tamén persigan ofrecer información que poida ser libremente utilizada, estudada, redistribuída e modificada.
Artigo 4. Actividades
editPara cumprir a súa finalidade, a Asociación realizará as seguintes actividades:
- Organizar encontros, congresos, conferencias, talleres, cursos ou calquera outro tipo de actividade pública destinada a difundir os proxectos obxecto da súa finalidade (en adiante, "os proxectos").
- Establecer relacións, colaboracións e acordos con calquera tipo de entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, para mellorar o coñecemento, aproveitamento e uso de todos os proxectos, desenvolver sistemas que os difundan e promovan, ou recibir recursos económicos, humanos ou de contidos.
- Colaborar de forma permanente con Wikimedia Foundation, Inc. para a utilización das súas marcas e o desenvolvemento de accións en territorio español.
- Informar de forma axeitada a través de calquera medio de comunicación ao seu alcance, por iniciativa propia ou cando se lle solicite, sobre o seu propio funcionamento e sobre asuntos relacionados cos proxectos.
- Calquera outro tipo de actividade que os seus órganos consideren axeitada para o cumprimento da finalidade da Asociación.
As actividades da Asociación poderán desenvolverse ou plasmarse en calquera lingua, preferentemente naquelas nas que se cree algún proxecto de Wikimedia Foundation, Inc., en función da demanda existente no ámbito territorial da Asociación e das posibilidades materiais e humanas da mesma, e sen prexuízo do uso dos idiomas oficiais ou cooficiais correspondentes para as cuestións legais e administrativas.
Artigo 5. Domicilio e ámbito
editA Asociación establece o seu domicilio social en Valladolid e o seu ámbito territorial será o do Estado español.
Artigo 6. Órganos
editA dirección, administración e representación da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. A Xunta Directiva e a Asemblea Xeral garantirán o funcionamento democrático da Asociación e serán os órganos competentes para interpretar os preceptos contidos nestes Estatutos, cubrir as súas omisións e velar polo seu cumprimento, así como para desenvolvelos e complementalos coas normativas internas que se consideren necesarias.
En normativa interna poderá regularse a existencia e funcionamento dunha estrutura de acción local da Asociación con autonomía operativa e atendida por unha ou máis vogalías da Xunta Directiva que a representen, coa posibilidade de contar con órganos de coordinación propia.
A Asociación cumprirá coas obrigas documentais e contables previstas pola Lei de Asociacións, que serán asumidas polos membros da Xunta Directiva segundo se especifique nestes Estatutos ou, no seu defecto, segundo se determine pola Xunta Directiva.
Título II. Asemblea Xeral
editArtigo 7. Reunións
editA Asemblea Xeral, integrada por tódolos socios, é o órgano supremo de goberno da Asociación e reunirase en convocatoria ordinaria unha vez ó ano, así como en convocatoria extraordinaria cando o esixa a Lei, o decida a Xunta Directiva ou o soliciten ó Secretario unha quinta parte dos socios de número, indicando o tema ou temas que hai que tratar.
Artigo 8. Convocatoria
editAs convocatorias das Asembleas Xerais realizaraas o Presidente, cunha antelación mínima de quince días naturais, debendo indicar claramente o lugar da reunión, a orde do día a tratar e a data e hora de comezo tanto da primeira como da segunda convocatoria, sen que entre ámbalas dúas poda haber un prazo inferior a quince minutos.
Artigo 9. Constitución e acordos
editAs Asembleas Xerais Ordinarias ou Extraordinarias quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando estean presentes ou representados a metade máis un dos socios con dereito a voto, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de socios con dereito a voto presente ou representado.
Os acordos tomaranse por maioría simple dos socios presentes ou representados, agás as decisións sinaladas nos números 7 ao 12 do artigo 10, que requiren unha maioría cualificada de socios presentes ou representados. En caso de empate, o voto do Presidente será de calidade.
Artigo 10. Competencias
editSerán competencias exclusivas da Asemblea Xeral:
- Revisar e aprobar, se é o caso, o informe e proxecto de actividades e o balance e orzamento económico anual.
- Modificar as cotas ordinarias e aprobar as extraordinarias.
- Elixir, valorar e cesar individual ou colectivamente, se é o caso, ós membros da Xunta Directiva.
- Aprobar e modificar as normativas internas.
- Ratificar ou anular as expulsións dos socios.
- Acordar a remuneración, se é o caso, dos membros da Xunta Directiva.
- Modificar o domicilio social.
- Designar socios de honor.
- Disolver a Asociación.
- Modificar os Estatutos.
- Dispor ou allear bens por un valor superior ao 20% do orzamento en vigor.
- Decidir sobre a integración nunha Federación de Asociacións.
- Tratar calquera outra cuestión prevista ou proposta para o seu debate, segundo se estableza na normativa interna.
- Outras que poida indicar a normativa interna como desenrolo das anteriores.
Artigo 11. Eleccións
editAs candidaturas para os cargos da Xunta Directiva poderán ser presentadas de forma persoal durante a mesma Asemblea Xeral que debe elixilos, ou comunicándollas ó Secretario antes da Asemblea. As estruturas locais poderán designar colectivamente candidatos para as vogalías con competencias de acción local.
En caso de non existir candidatos para algún cargo ou de non resultar elixidos polo menos tres vogais, a nova Xunta Directiva quedará facultada para designar os cargos faltantes de entre os socios que se manifesten dispostos; de non conseguilo no prazo de dous meses, deberase convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria para unha nova elección.
Título III. Xunta Directiva
editArtigo 12. Composición
editA Xunta Directiva é o órgano de xestión e representación da Asociación por delegación da Asemblea Xeral, e estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e un número de vogais non inferior a tres, todos eles socios de número, maiores de idade e ao corrente no pagamento das cotas. Estes cargos non serán acumulables nunha mesma persoa e o seu mandato durará ata a celebración da terceira Asemblea Xeral Ordinaria seguinte a aquela en que foron elixidos, aínda que poderán ser reelixidos un número indefinido de veces.
As vacantes en calquera dos cargos da Xunta Directiva que se puidesen producir durante o mandato desta serán cubertas provisionalmente polos membros da mesma, ou por unha persoa escollida interinamente pola Xunta Directiva que deberá ser confirmada no seu posto pola seguinte Asemblea Xeral.
Artigo 13. Cesamento
editOs membros da Xunta Directiva poderán cesar no seu cargo por renuncia voluntaria comunicada á Xunta Directiva, por destitución individual ou colectiva acordada pola Asemblea Xeral, ou pola expiración do seu mandato. Tralo seu cesamento, os membros da Xunta Directiva continuarán exercendo os seus respectivos cargos ata que sexa aprobado o nomeamento do seu substituto.
Artigo 14. Reunións
editA Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine o seu Presidente, ou a petición dun terzo dos seus membros ou dun quinto dos socios. Para que as reunións da Xunta queden validamente constituídas, serán necesarios a metade máis un dos seus membros. Os acordos deberán ser aprobados por maioría simple de votos; en caso de empate, o voto do Presidente será de calidade. Os socios non pertencentes á Xunta Directiva poderán participar con voz pero sen voto nas reunións.
Artigo 15. Competencias
editSerán competencias da Xunta Directiva:
- Programar, coordinar e executar as actividades da Asociación.
- Dirixir e supervisar a xestión administrativa e económica da Asociación e aprobar calquera convenio ou documento xurídico.
- Convocar a Asemblea Xeral conforme ó que se establece nestes Estatutos.
- Interpretar, cumprir e facer cumprir os Estatutos, normativas internas e acordos da Asemblea Xeral e os seus propios en vigor.
- Someter á aprobación da Asemblea Xeral o balance e orzamento anual, a memoria e o proxecto de actividades, así como outras propostas que decida presentar.
- Sancionar, cando proceda, ós socios.
- Resolver sobre a admisión de novos socios, agás os socios de honor.
- Substituír de forma interina a calquera cargo da propia Xunta en caso de dimisión ou vacante.
- Designar e supervisar a delegados, apoderados ou comités para a realización de tarefas concretas.
- Calquera outra tarefa propia da finalidade da Asociación que non sexa competencia exclusiva da Asemblea Xeral.
Artigo 16. Presidente
editO Presidente terá as seguintes atribucións:
- Asumir a representación legal e institucional da Asociación, e asinar, visar ou coñecer tódolos seus documentos oficiais e ordenar os pagamentos.
- Convocar, abrir, dirixir e pechar as sesións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
- Supervisar todo o traballo da Asociación e os seus socios, especialmente da Xunta Directiva.
- Adoptar calquera medida urxente que se requira para a boa marcha da Asociación ou das súas actividades, sen prexuízo de informar dela posteriormente á Xunta Directiva.
- Outras que lle sexan encomendadas como desenrolo das anteriores pola Asemblea Xeral ou na normativa interna.
Artigo 17. Vicepresidente
editSerán funcións do Vicepresidente:
- Substituír ó Presidente ou ó Tesoureiro en tódalas súas funcións en caso de ausencia, vacante ou dimisión.
- Coexercer a representación da Asociación xunto ó Presidente naqueles casos en que sexa oportuno.
- Colaborar co Presidente nos seus labores a fin de instruírse sobre as mesmas e facilitar o seu traballo.
- Outras que lle sexan encomendadas como desenrolo das anteriores pola Asemblea Xeral ou na normativa interna.
Artigo 18. Secretario
editSerán funcións do Secretario:
- Elaborar as actas das reunións da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral, redactándoas no Libro de Actas oficial e comunicándoas ós socios.
- Dirixir os traballos administrativos e trámites burocráticos que legalmente lle correspondan á Asociación.
- Administrar, manter actualizados e custodiar os Libros de Actas e os Libros ou Ficheiros de Rexistro de Socios, de sancións e de solicitudes de admisión.
- Conservar os orixinais dos Estatutos, normativas internas e acordos en vigor, e comunicar todos eles ós novos socios, así como calquera cambio nos mesmos a tódolos socios.
- Custodiar e manter en segredo os datos persoais dos socios, garantindo que non sexan cedidos nin revelados a terceiros nin a outros socios, agás a outros membros da Xunta Directiva cando sexa imprescindible unha verificación de identidade, ou agás permiso expreso dalgún socio con respecto ós seus propios datos, e sempre en conformidade coa Lei de protección de datos en vigor.
- Expedir certificacións dos acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, así como da pertenza á Asociación ou á súa Xunta Directiva de calquera dos seus socios.
- Redactar, rexistrar e custodiar a documentación ou correspondencia oficial recibida ou emitida pola Asociación.
- Outras que lle sexan encomendadas como desenrolo das anteriores pola Asemblea Xeral ou na normativa interna.
Artigo 19. Tesoureiro
editSerán funcións do Tesoureiro:
- Levar a contabilidade da Asociación reflectindo de forma fiel o seu patrimonio e actividades, e cumprindo as esixencias legais que sexan aplicables.
- Abrir, administrar e pechar as contas bancarias de que poida dispor a Asociación, e supervisar tódolos trámites bancarios que sexan precisos.
- Administrar os libros contables e o arquivo de facturas, e presentar ante os organismos competentes as declaracións financeiras que legalmente correspondan.
- Recadar, custodiar e responder persoalmente polos fondos da Asociación, e efectuar os pagamentos con cargo aos mesmos que sexan necesarios.
- Outras que lle sexan encomendadas como desenrolo das anteriores pola Asemblea Xeral ou na normativa interna.
Artigo 20. Vogais
editOs vogais asumirán as áreas de traballo que determine a Asemblea Xeral ou a Xunta Directiva en función do número de vogais existentes e das necesidades administrativas da Asociación. Tamén poderán asumir outras competencias que lles sexan encomendadas pola Asemblea Xeral ou na normativa interna.
Artigo 21. Obrigas
editAdicionalmente ás obrigas que lles son inherentes ó cargo, tódolos cargos da Xunta Directiva deberán:
- Buscar ou aceptar a colaboración doutros socios alleos á Xunta Directiva para o desenvolvemento das funcións que lles corresponden.
- Coordinar e supervisar a labor dos socios que lles apoien, co nivel de esixencia axeitado.
- Presentar un balance particular da súa xestión para a súa incorporación á memoria de actividades, así como cada vez que lles sexa solicitado pola Xunta Directiva, nos prazos e formas que esta determine.
Título IV. Socios
editArtigo 22. Tipos
editExistirán os seguintes tipos de socios:
- Socios fundadores, os asinantes da Acta Fundacional. Esta distinción será unicamente honorífica e a tódolos efectos prácticos e estatutarios serán considerados socios de número.
- Socios de número, aqueles que sexan admitidos pola Xunta Directiva.
- Socios de honor, as persoas físicas ou xurídicas que sexan designados como tales pola Asemblea Xeral, a proposta da Xunta Directiva, a causa do seu prestixio, contribucións ou apoio á Asociación ou ás fins da mesma.
- Socios benfeitores, as persoas físicas ou xurídicas que realicen unha achega económica á Asociación superior á cantidade que estipule a Xunta Directiva.
Artigo 23. Altas
editPoderán ser socios de número aquelas persoas físicas con capacidade de obrar que compartan a finalidade da Asociación. Os socios que non cumpran a maioría de idade poderán participar nas Asembleas Xerais con voz pero sen dereito ó voto, e non poderán pertencer á Xunta Directiva.
Os requisitos de idade mínima para a admisión de socios con ou sen necesidade de autorización das persoas que deban suplir a súa capacidade, serán en cada momento os que estableza a Lei sobre asociacións en vigor.
Artigo 24. Baixas
editOs socios causarán baixa por algunha das causas seguintes:
- Por decisión voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva.
- Por non-pagamento de cotas, segundo se concrete na normativa interna.
- Por ser sancionados coa expulsión, tras seguirse o procedemento sancionador en vigor.
As posibilidades de reincorporación en cada caso regularanse en normativa interna.
Artigo 25. Dereitos
editOs socios de número terán os seguintes dereitos:
- Dispor de acceso a estes Estatutos, ás normativas internas e á documentación regulada pola Lei de protección de datos en vigor, nos termos previstos por esta.
- Participar nas actividades da Asociación coas vantaxes propias da súa condición de socios.
- Identificarse a si mesmos como membros da Asociación e gozar de tódolos beneficios que esta condición lles outorgue.
- Participar nas Asembleas con voz e voto, tanto de forma persoal como delegando esta facultade noutro socio, e con voz nas reunións da Xunta Directiva.
- Formular rogos, preguntas e suxestións nas reunións da Asemblea Xeral e ante a Xunta Directiva, podendo recibir unha resposta nos termos que estableza a normativa interna.
- Ser electores e elixibles para os cargos da Xunta Directiva, agás os menores de idade.
- Ser informados da composición da Xunta Directiva, dos acordos da mesma e da Asemblea Xeral, do estado de contas e do desenvolvemento das actividades.
- Promover ante a Xunta Directiva a creación de comités de proxectos, ou integrarse nos mesmos.
- Promover ante a Xunta Directiva a integración na estrutura da Asociación de grupos afíns ós seus obxectivos de que formen parte.
- Ser convocados e escoitados na reunión en que se trate a posible adopción de sancións contra eles.
- Impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estimen contrarios á lei ou aos Estatutos.
- Promover a convocatoria dunha Asemblea Xeral Extraordinaria, segundo o especificado no artigo 7.
- Recibir axudas ou achegas económicas en compensación polos traballos realizados para a Asociación, segundo o que determine a normativa interna.
- Dispor de acceso ás dependencias da Asociación, se as houber, e ó material propiedade da mesma.
- Darse de baixa voluntariamente da Asociación.
Os socios de honor e benfeitores terán dereito unicamente a ser convocados e asistir ás Asembleas Xerais, con voz pero sen voto.
Artigo 26. Obrigas
editOs socios de número terán as seguintes obrigas:
- Acatar e cumprir os presentes Estatutos, as normativas internas e os acordos válidos e en vigor da Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.
- Colaborar activamente na medida das súas posibilidades na consecución da finalidade da Asociación.
- Cumprir coas responsabilidades derivadas dos seus cargos, sexan as que lles correspondan como membros da Xunta Directiva, ou outras asumidas por encargo desta ou voluntariamente.
- Aboar as cotas e escotes na forma e contía especificada pola Asemblea Xeral.
- Manterse informado das actividades e notificacións da Asociación a través dos medios de comunicación interna que se determinen.
- Respectar, usar e conservar axeitadamente as dependencias e bens da Asociación.
- Informar de calquera cambio nos seus datos ou situación persoal que poida afectar ás comunicacións internas con el ou á súa condición de socio.
Os socios de honor e benfeitores unicamente terán a obriga de acatar os Estatutos, normativas internas e acordos válidos da Asociación.
Artigo 27. Sancións
editO incumprimento por parte dalgún socio do que se establece nestes Estatutos e en particular das súas obrigas suporá unha sanción para o mesmo por parte da Xunta Directiva, seguindo o procedemento de incoación, defensa do socio, baremación, debate e resolución que se determine en normativa interna.
Título VI. Réxime económico
editArtigo 28. Recursos económicos
editOs recursos económicos da Asociación serán os seguintes:
- Cotas de socios, periódicas ou extraordinarias.
- Subvencións, legados ou doazóns que puidesen recibirse conforme á lei.
- Ingresos procedentes das actividades organizadas pola Asociación.
- Intereses financeiros e outras rendas dos bens e dereitos que posúa a Asociación.
- Outros recursos lícitos.
Artigo 29. Patrimonio e Exercicios
editO patrimonio inicial da Asociación é de cero (0) euros. O exercicio asociativo e económico será anual e pecharase o día trinta e un (31) de decembro de cada ano.
Artigo 30. Liquidación de bens
editEn caso de disolverse a Asociación, a comisión liquidadora que se constitúa destinará os bens sobrantes, tras o pagamento das débedas, a outras asociacións españolas sen ánimo de lucro que persigan fins análogas, ou a outras fins que non desvirtúen o carácter non lucrativo da Asociación.
Disposicións Adicionais
edit- Primeira. As notificacións internas da Asociación, incluíndo as convocatorias ás reunións, comunicacións de sancións, formulación de preguntas e delegacións de voto para as Asembleas Xerais, poderán ser realizadas mediante calquera dos medios tecnicamente dispoñibles en cada momento: correo en papel, correo electrónico, teléfono, ou outros equivalentes, garantindo sempre a identidade do notificante.
- Segunda. En normativa interna poderá regularse a existencia e funcionamento dun Consello Asesor con funcións consultivas, formado por personalidades do mundo da cultura, as artes e as ciencias, ex socios da Asociación ou colaboradores distinguidos de proxectos de coñecemento libre; non poderán asignarse ao devandito Consello competencias de dirección, administración ou representación da Asociación.
Disposicións Transitorias
edit- Primeira. A Xunta Directiva provisional designada no Acta Fundacional disporá de tódalas facultades outorgadas á Xunta Directiva nestes Estatutos ata a celebración da primeira Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación, e realizará os trámites necesarios para a legalización da mesma.
- Segunda. O primeiro exercicio asociativo e económico pecharase o 31 de decembro do ano en que se rexistre a Asociación, independentemente da data de constitución da mesma.