Intercultur
1 de febreiro de 2019 - 28 de febreiro de 2019
|
Recibe a nosa benvida!
- Que é isto?: O patrimonio cultural que boa parte das sociedades herda se vertebra a través da súa lingua. Esta é a principal motivación de Intercultur, un concurso público de edición co obxectivo de facer visible o patrimonio cultural a través da variedade lingüística que existe na Península Ibérica.
- Consiste na tradución de artigos existentes ás linguas faladas na Península Ibérica, coa idea de que ao rematar o concurso os os artigos proporcionados desde unha lingua sexan traducidos a dez idiomas. Os artigos suxeridos son proporcionados polo mapa do Wikipedia Cultural Diversity Observatory, que estuda a cobertura intercultural en Wikipedia e loita contra a desigualdade do coñecemento. En cada lingua, os cinco artigos refírense a unha muller, un home, un lugar geolocalizado, un artigo entre os máis visitados e un artigo con palabras clave.
- Cando?: O desafío terá lugar desde 00:01 (CET UTC+01:00) do 1 de febreiro de 2019, até as 23:59 (CET UTC+01:00) do 28 de febreiro de 2019. Xa que logo, só as edicións feitas entre estas datas serán incluídas no concurso.
- Como?: O concurso baséase no sistema de puntos KISS: Consegues puntos traducindo artigos ás seguintes linguas: aragonés, asturiano, éuscaro, catalán, extremeño, galego, mirandés, occitano, portugués e castelán. A meta de cada participante é acadar tantos puntos como sexa posible. Importante! As edicións automáticas con problemas ou erros de tradución non son válidas. As regras de puntuación son as seguintes:
- +1 punto por cada +1,000 bytes de contido engadido en calquera lingua.
- +3 puntos por cada tradución nova dun artigo en calquera lingua.
- Quen?: Todo o mundo pode participar traducindo e redactando artigos. Calquera wikipedista cunha conta rexistrada pode concursar. Para participar simplemente debes asinar na sección de participantes.
- Se é a primeira vez que editas na Wikipedia, antes de nada, recibe a nosa benvida! Suxerimos que botes unha ollada a Wikipedia:Tradución e a Introdución. Isto fará o proceso máis fácil de levar a cabo! Cando comeces a editar, o Libro de estilo podería servirche de axuda. Todas estas páxinas están dispoñibles en moitas linguas. Amais, hoxe en día é moito máis fácil contribuír á Wikipedia ca antes e nin sequera tes que aprender código ningún! Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Editor visual e Wikipedia:Editor visual/Guía de usuario (en inglés) para máis información.
|
|
|