Recadación de fondos 2012/Tradución/Chamamento de AdrianneW

This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/AdrianneW Appeal and the translation is 100% complete.

1

Levoume unha eternidade rematar esa enorme novela, pero quedei namorada. En quinto curso, mandáronnos expoñer ós nosos compañeiros de clase algún tema da nosa escolla. Eu falei sobre a literatura do século XIX.

Hoxe, como posiblemente adiviñaches, son profesora de inglés. Tamén colaboro na Wikipedia, editando artigos sobre escritores como Mary Shelley, a autora de Frankenstein, e Jane Austen, que escribiu Orgullo e prexuízo.

Cando reflexiono sobre o meu traballo na Wikipedia, non só penso en min como alguén que engade información; penso en min como profesora. A través da Wikipedia, podo chegar máis aló que calquera aula. Soamente no mes pasado, o artigo da Wikipedia sobre Jane Austen recibiu máis de 115.000 visitas.

Na miña universidade teño acceso a moitos recursos de calidade. Pero a maioría da xente non pode acceder a estas fontes; cómpre pagar por elas. Ao editar a Wikipedia, axudo a remediar esta inxustiza.

Gústame aprender. Sempre me gustou. E por iso creo que todo iso debe estar dispoñible para todas as persoas.

Estás de acordo? Entón, únete a min e apoia a Wikipedia.

Bio

A investigación de Adrianne céntrase na literatura británica do século XVIII.Como posdoutoramento sobre a investigación e a aprendizaxe dixital, tamén axuda os seus colegas a atopar novos xeitos de integrar a Wikipedia nas aulas.