Recadación de fondos 2012/Tradución/Páxinas de información aos doantes
Pages for translation: [edit status] | |
Jimmy Appeal (source) |
Ready |
Landing Page and Banner messages (source) |
Ready |
Donor information pages (source) All languages | Ready |
Cancelar ou cambiar unha doazón recorrente
Agradecemos a túa contribución á Fundación Wikimedia e o teu apoio ao coñecemento libre. Sabemos que ás veces as circunstancias cambian e non é posible continuar unha doazón recorrente. Para cancelar ou cambiar a túa subscrición, sigue as seguintes instrucións:
PayPal
- Tes que acceder á túa conta no PayPal. Despois, vai ao teu perfil en "A miña conta", preme en "Información da conta" e logo en "Pagamentos preaprobados".
- Agora, sigue as instrucións en pantalla. Podes atopar máis información en $url.
- Como alternativa, podes seguir as instrucións para a tarxeta de crédito que hai a continuación. Ten en conta que só podemos cancelar as doazóns mediante PayPal, non as podemos modificar.
Tarxeta de crédito
- Envía un correo electrónico a giving wikimedia.org indicando o tipo de cambio que queiras realizar e toda a información que poidas sobre o agasallo orixinal, como:
- Enderezo de correo electrónico usado para recibir o recibo da doazón
- Nome completo usado
- Recibirás unha confirmación por correo electrónico cando se complete a operación.
Problemas coas doazóns
Se tes algún problema coa doazón ou necesitas facer algunha pregunta, bótalle un ollo ás preguntas frecuentes. Se aínda tes algunha dúbida ou necesitas axuda para completar a transacción, ponte en contacto con nós no enderezo donate@wikimedia.org.
- É seguro este sitio?
- O sitio web de doazóns da Fundación Wikimedia é extremadamente seguro e está desenvolvido por Verisign Trusted. Despois de premer nun cartel ou seguir unha ligazón de doazón, a páxina á que chegas atópase nun sitio seguro (https); toda a información está encriptada e xestiónase segundo os máis altos estándares de protección de datos.
- A Fundación Wikimedia aínda non ofrece o meu método de pagamento preferido.
- Sentimos non poder ofrecer nestes momentos o teu método de pagamento preferido; en futuras campañas de recadación, agardamos ter mellores opcións para as doazóns noutras moedas. Gustaríanos saber os métodos máis usados por ti e no teu país. Envíanos un correo electrónico cos teus comentarios, mencionando o teu país e o nome do método de pagamento.
- Intentaremos engadir estas opcións no futuro. Entrementres, bota unha ollada ao seguinte enderezo URL para ver as outras opcións que tes dispoñibles nestes intres: outros xeitos de doar
- Por que foi rexeitada a miña doazón mediante tarxeta de crédito/débito?
- Se o teu pagamento foi rexeitado ou se non puideches inserir a información da túa tarxeta na nosa páxina de doazóns, revisa as seguintes condicións relativas á tarxeta:
- A túa tarxeta de crédito/débito debe estar activada para o seu uso internacional. As tarxetas que só se poden usar no país (as tarxetas nacionais) non están aceptadas polo de agora. Chama ao banco e solicita a activación do acceso internacional.
- As tarxetas de crédito dos Estados Unidos de América, do Reino Unido e de Canadá unicamente se aceptarán nos seus respectivos países.
- Non todas as tarxetas virtuais están aceptadas neste momento. As tarxetas virtuais úsanse a miúdo nas compras en liña para protexer a información sensible da túa tarxeta física. Con todo, podes estar seguro de que o noso proceso de doazóns está xestionado por procesos profesionais plenamente competentes e a túa información está extremadamente segura. En caso de que a túa tarxeta virtual sexa rexeitada, usa a túa tarxeta de crédito/débido no seu lugar.
- Se usas a túa tarxeta de débito, ten en conta que o código de seguridade (CVV) é opcional. Se a túa tarxeta de débito non ten CVV, omite ese campo.
- Poida que o teu banco impedise a transacción. Isto acontece porque posiblemente sexa a primeira vez que doas á Wikimedia. Chama ao banco e solicita o desbloqueo das transaccións coa Wikimedia para que non haxa problemas coas túas futuras doazóns.
- Por que aparece un certificado de advertencia/erro ao intentar doar?
- Non te preocupes se aparece un certificado de advertencia/erro ao intentar doar. Posiblemente sexa debido a que usas unha versión desactualizada do teu navegador. Actualiza o navegador ata a versión máis nova ou utiliza un navegador diferente. Se o problema continúa, envía un correo electrónico ao enderezo donate@wikimedia.org
Política de reembolso
Se, por calquera motivo, queres reembolsar a túa doazón, ponte en contacto con nós a través do correo electrónico no enderezo donate@wikimedia.org. Necesitaremos a seguinte información para procesar a devolución:
- Data da doazón (todas as solicitudes de reembolso deben facerse nos 90 días seguintes á doazón)
- Cantidade doada (as doazóns superiores aos 10.000 dólares estadounidenses considéranse doazóns maiores e están suxeitas ao correspondente acordo de concesión entre a Fundación e o doante)
- Nome completo
- Método de pagamento usado (tarxeta de crédito, transferencia bancaria, carteira electrónica...)
- País de orixe
- Motivo para o reembolso
Ten en conta que algúns métodos de pagamento poden non permitir o reembolso ou ben necesitar que o reembolso se realice a través do método de pagamento (tarxeta) empregado, así que poida que necesitemos información adicional para completar a devolución. Todos os reembolsos hanse procesar o máis axiña posible, pero o tempo pode variar dependendo do método de pagamento.
Programa de agasallos
O programa de agasallos é un modo fantástico e doado de duplicar ou mesmo triplicar a túa doazón á Fundación Wikimedia. Moitas empresas apoian a filantropía dos empregados ofrecendo estes programas. Ao aproveitar o programa de agasallos da túa compañía podes maximizar o valor do teu agasallo sen ningún custo adicional. Consulta co teu departamento de recursos humanos para ver se poden corresponder o teu agasallo á Fundación Wikimedia.
Como funciona este programa?
Malia que os programas poden variar dunha empresa a outra, o proceso adoita ser moi sinxelo:
- Confirma que a túa empresa ten un programa de agasallos e consigue o formulario axeitado
- Enche o formulario e envíallo á Fundación Wikimedia ao enderezo: Wikimedia Foundation, Inc.
P.O. Box 98204
Washington, DC 20090-8204 USA - ou ao enderezo de correo electrónico: matching@wikimedia.org
- A Fundación Wikimedia ha verificar a túa doazón e enviará o formulario de volta á túa empresa
- A túa empresa ha enviar a doazón correspondente á Fundación Wikimedia
- As doazóns do programa de agasallos deben dirixirse a:
Campaña federal combinada
A Fundación Wikimedia, Inc. está inscrita na lista de obras caritativas da campaña federal combinada do ano 2011 como unha organización nacional/internacional independente. O noso código é: 61478.
Organizacións que apoiaron a Fundación Wikimedia a través da xenerosidade dos seus empregados
Moita xente e os seus empregados xa realizaron doazóns á Fundación Wikimedia. Agradecemos enormemente o seu apoio e xenerosidade. Se alguén xa completou a doazón a través do programa de agasallos, atoparás máis información sobre o seu programa aquí: